6 nov 2010

LDK 55: Dos dias da semana e outras loitas contra o paganismo

Esta semana na que contamos coa visita sufragada con gastos públicos do lider da Igrexa Católica Romana xa falamos, o luns, de como a festa de Santos e Difuntos era unha superposición construída enriba de varias festas paganas, ben romanas, ben celtas. Pois ben, hoxe imos falar doutro intento de eliminar trazas romanas: O cambio dos nomes dos días da semana:

San Martiño de Dumio, bispo de Dumio e Braga, escribiu na súa obra De Correctione Rusticorum ("Sobre a corrección dos rústicos, dos non ensinados") contra a denominación dos nomes dos días da semana con nomes de deidades pagás:

Non se debe dicir "Veneris Dies", porque Venus foi a meirande meretriz do mundo.


Así, e dado que segundo el os dias eran obra de Deus, debían de ter un número ordinal como o que se explicita no relato da creacíon, empregando prima feria, segunda feria... A primeira feria é o día do señor, o dies dominicus, que evoluciona a domingo.

San Martiño non foi o primeiro en enunciar esta teoría, xa exposta por Filastrio, Bispo de Brescia, San Agustín de Hipona ou San Cesario, Bispo de Arles.

Como sabemos, a maioría das linguas romances non lle fixeron caso [esp. viernes, it. venerdi, fr. vendredi, cat. divendres], mais si en portugués [quinta-feira]. Isto é debido a que a obra de San Martiño tivo influencia especialmente entre os sacerdotes da Gallaecia, que transmitiron estas ensinanzas como sermón e conseguiron que se eliminase a influencia do paganismo na denominación dos días da semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario