6 nov. 2010

Blu:sens web:tv. Todo o multimedia do fogar nun único aparello "made in Galicia"


Xa falamos no noso blogue da GoogleTV, a aposta do xigante tecnolóxico por facerse un oco no mundo da televisión conectada a Internet. Mais non hai que ir moi lonxe para atopar opcións semellantes que nada teñen que envexar á aposta de Google. Falamos do novo produto da empresa galega Blu:sens, a web:tv.

Trátase dun dispositivo de reducidas dimensións (cabe na palma da man) co que se poderemos desfrutar de todo o contido multimedia do fogar xestionado por un único aparello.

Entre as súas funcións están:
  • Internet na televisión: navegación web, correo electrónico, widgets...
  • Videoclub online: acceso a un longo catálogo de filmes cuxo prezo máximo é de 2,99 € en www.blusens.tv
  • Reprodutor de alta definición.
  • Decodificador de TDT de alta definición, para desfrutar de todo o que ofrece a Televisión Dixital Terrestre.
  • Gravación de TDT por USB (carece de disco duro interno).
  • Internet TV/ Internet Radio: acceso a un longo catálogo de canles que retransmiten por Internet dende un menú por países, ou ben accedendo dende Internet.
  • Conectividade IP por Ethernet/WiFi, para metelo na nosa rede doméstica.
  • Actualización de firmware online.
  • API libre para programación de aplicacións
Ademais, na súa función de reprodutor, atopamos que é capaz de ler case todo:
  • Vídeo: AVI, MPEG, VOB, MKV, MP4, MOV, ASF, MPEG ES/PS/TS/M2TS e WMV.
  • Audio: MP3, WMA, WAV e MKA.
  • Imaxes: JPG, JPEG, GIF, BMP e PNG.
  • Subtítulos: SRT, SSA/ASS, SUB, SMI

Imaxe do menú de Internet

Imaxe do menú de TDT

2 comentarios:

  1. E sábese algo de prezos? Ou de cando vai sair?

    ResponderEliminar
  2. A partires do 26 de novembro a 150 €. Un prezo moi interesante para as prestacións que ten :D

    ResponderEliminar