29 oct 2010

Puntos neutros


Os puntos neutros de Internet (en inglés Exchange Points, IXP's) son lugares nos que os diferentes proveedores de Internet e carriers internacionais (operadores a nível mundial), interconectan o tráfico das súas redes mediante un proceso denominado peering.

Non existen límites para o ámbito de actuación dos puntos neutros, polo que os hai que abranguen dende o entorno local (local de municipalidade, enténdase) até o intercontinental, se ben é certo que adoitan amosar certo grao de proximidade co usuario para acadar maiores velocidades e eficacia, en definitiva: maior calidade de servizo.

A vantaxe da proximidade dos puntos neutros radica na eficacia: se queremos abrir unha páxina, por exemplo a da USC, non tería sentido que a nosa petición fose até Londres, de aló a USA e volta.

Así pois, o Estado español conta cun total de 6 puntos neutros: 2 situados en Madrid e 4 repartidos por Galiza, Catalunya, Euskadi e as Illas Canarias respectivamente.

Polo xeral, trátanse de entidades sen ánimo de lucro e existe entre os socios que a conforman a política de boa conduta. É dicir, non se poden levar a cabo accións que vaian en detrimento do uso do punto neutro por parte doutros proveedores e calidade. Como exemplo, non se pode exceder o 5% do número de paquetes perdidos durante 2 meses seguidos.

Espanix

Espanix é o punto neutro máis antigo e imporante do Estado. Está situado no CPD (Centro de Procesado de Datos) de Banesto (Madrid) dende a súa creación, no ano 1997. Nas súas instalacións atópase toda a infraestrutura de racks e swiches.

A el conéctanse as principais operadoras e carriers internacionais: Acens, Adamo, AireNetworks, Akamai, Arsys, AT&T, BT, BT IGS, C&W, Cogent, Colt, Comvive Servidores, Datagrama, Dinahosting, Easynet, Eurotransit, Euskaltel, Fujitsu, Genetsis, Google, GRN Serveis Telematics, Grupalia Internet S.A., Hispaweb, Ibercom, Ibrowse, Init7, Interoute, Jazztel, Leaseweb, Level 3, Limelight Networks, NSFI, NTT Communications, Ono, Ono (AUNA), Orange, OVH, Panther Express, Produban, R cable, RedIRIS, Saranet, Servicom2000, T-Systems, Telefónica, Terremarkt, UUNet, Verisign, Vodafone, Wind Telecomunicazioni, XO Comunications e Ya.com.

Galnix

Inagurado en maio de 2003, o punto neutro de Galiza non deixou de medrar en tráfico procesado dende a súa inauguración.

Situado nas instalacións do CESGA en Santiago de Compostela, a el conéctanse as seguintes entidades: Auna, CESGA, Comunitel, Jazztel, R cable, RECETGA (Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia) e Retegal.

Catnix

O punto neutro catalán xurdiu en 1999 e atópase dentro das instalacións do CESCA (equivalente do CESGA galego). Este punto ten bastante importancia pola súa proximidade con Francia, que fai que sexa a porta de Internet con Europa.

Conéctanse a Catnix Acens, Adam, Altecom, Anella Científica, BT, Claranet, Colt, Generalitat de Catalunya, Digital Parks, Easynet, FilNet, Iberbanda, Iporium, Jazztel, Nexica, Ono, Orange, Orange Business Services, RedIRIS, Saranet, T-Systems, Telefónica e VozTelecom

Euskonix

O punto neutro de Euskadi inagurouse en xaneiro de 2002, co obxetivo de interconectar aos diferentes operadores e proveedores de Internet e á comunidade científica vasca. Ubicado nas instalacións do CIDIR en Leioa, conéctanse a el Conet, Ejie, Euskaltel, Ibercom, Neo-Sky, UPV/EHU e Saranet.

Atlannix

En 2006 inagurábase nas Illas Canarias Atlannix, o 5º punto neutro sen ánimo de lucro. Debido á situación xeográfica das illas, obtouse por unha distribución do punto multisede, unha por provincia canaria.

Forman parte de Atlannix a Universidad de La Laguna, a Universidad de Las Palmas de Gran Canaria, o Instituto de Astrofísica de Canarias e RedIRIS.

Mad-nix

Mad-nix é o punto neutro máis recente no Estado. Situado na Comunidad de Madrid, é o único con ánimo de lucro. O seu funcionamento baséase tamén no principio de neutralidade e non prioridade (entre os seus clientes), mais favorece a interconexión entre redes amigas.

Fontes:

No hay comentarios:

Publicar un comentario