28 oct 2010

LDK 51: Plurais irregulares en inglés.

Xa falamos noutra entrada dos plurales clásicos, que afectan en maior medida ao inglés que ás linguas romances. Porén, estes plurais non son os únicos plurais irregulares en inglés, pois esta lingua ten un bo número de termos nativos con plurais irregulares:

Os plurais irregulares en inglés son restos das declinacións nominais doutros tempos. Podemos clasificar as irregularidades en tres tipos:

-Plurais con cambio vocálico: Resultado da i-mutation, que tivo lugar nas linguas xermánicas antes da súa evolución (séc.V).

-Plurais con -r: Resto dunha pequena declinación de nomes neutros en Old English que tomaban -r- entre a raíz e a terminación.

-Plurais en -en: Resto da declinación "débil" de Old English.



Algúns substantivos con plural irregular en inglés son:

Ox-Oxen
Child-Children
Brother-Brethren
Foot-Feet
Goose-Geese
Tooth-Teeth
Louse-Lice
Mouse-Mice
Man-Men
Woman-Women

Como podedes ver, varios destes termos usan máis dunha estratexia irregular. Algúns autores afirman que é precisamente por isto polo que sobreviviron como formas irregulares: estas estratexias aplicábanse en multitude de substantivos, mais só naqueles dun uso máis frecuente (man-men) ou cunha irregularidade máis notoria (Child-children, con -r- e -en), chegan as irregularidades aos nosos días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario