15 oct 2010

Mallando Eventos. SIMO Network 2010 (VII): Partners e destacados

Nube, nube e máis nube.

O cloudcomputing estivo moi presente nesta edición de SIMO Network. Varias empresas como Astein , Cloudbuilder ou Panda, presentaron solucións de virtualización, as cales teñen moitas vantaxes para os clientes, destacando a non necesidade de contar con máquinas cos recursos instalados, o que fomenta a posibilidade da mobilidade do lugar de traballo: en calquera lugar, cando quera.

Imaxe do stand de Astein

Así, PANDA presentou varias solucións de seguridade baseadas na nube. Todas elas utilizan unha tecnoloxía denominada Intelixencia Colectiva, un sistema automático de deteción, análise, clasificación e desinfeción de malware.
  • Panda Cloud Office Protection, a solución para equipos e servidores. Ao estar na nube, trátase dunha protección moi lixeira e que come poucos recursos. Ademais, ten un plus de sinxeleza para a xestión e mantemento, con operacións e información centralizadas nunha consola web.
  • Panda Cloud Email Protection, pensado para servizos de correo coorporativo. O filtrado de email axuda a optimizar os recursos de banda ancha das empresas.
  • Panda Cloud Internet Protection, produto pensado para a navegación web, con posibilidade de configurar distintos níveis de seguranza, acceso etc.

Os comerciais de Panda fixéronnos unha demostración dos seus produtos en directo

SAGE

SAGE é unha compañía que ofrece solucións de xestión para empresas, como software para levar a contabilidade, facturación, nóminas...

Imaxe do stand de SAGE

Contaron cun stand bastante amplio con moitos espazos para poder falar con clientes dun xeito próximo. Ademais, durante 3 veces ao día sorprendían cunha actuación acrobática, que podedes ver neste vídeo:



SAP

SAP é unha compañía especializada en software de xestión empresarial. No seu stand en SIMO Network, o máis grande da feira con 900 metros cadrados, fixeron espazo a 8 partners importantes: Altim, Clariba, Ecinsa, Grupotec, Inforges, Quantum Tech, Saptech, Seidor e Tecnocom.

SAP amosou en SIMO Network algunhas das aplicacións máis novidosas

Ademais, amosaron en diferentes escenarios como afectan as súas aplicacións tecnolóxicas a mellorar a calidade de vida diaria dos cidadáns. Entre estas aplicacións estaban algunha das máis novidosas, como unha de identificación de falsificacións de todo tipo de obxectos ou solucións para coches eléctricos.

OKI

OKI, a sonada marca de copiadoras, tamén fabrica solucións de rede, que teñen bastante éxito, malia que no Estado español non sexa a súa principal fonte de beneficios.

Imaxe do stand de OKI

Neste sentido, presentou algunha solución de telefonía IP, como a centraliña IP1000, pensada para PEMES. Este dispositivo integra telefonía analóxica e dixital e presta diversos servizos, como identificación de chamadas, mobile twinning para facer chamadas máis baratas a redes móbiles, música de espera....

DELL

Dell achegou unha completa gama de portátiles, mais tamén outro tipo de sistemas para uso compartido de memorias.

Imaxe do stand de Dell
WIFISAFE

Wifisafe é unha empresa adicada a proveer ferramentas para crear redes WIFI e Wimax. Achegou á feira algún dos seus produtos a modo de exposición.

AETIC

AETIC é o acrónimo de Asociación de Empresas de Tecnoloxías da Información e Comunicacións. Con máis de 3000 asociados, empresas e colectivos empresariais, busca a promoción do desarrollo do sector TIC, sobre todo naqueles aspectos que teñen a ver coa xeración de valor engadido e de actividade industrial.

Imaxe do stand da AETIC

Multimedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario