15 oct 2010

Atallos de teclado do novo Twitter

A actualización de Twitter chegou ao seu fin e todos os usuarios deberan ter accesíbel a nova versión. Se isto non é así, con refrescar o navegador debera solucionarse.

E alén das melloras visuais e técnicas, a nova versión da popular rede de microblogging conta con atallos de teclado, moi útiles para usuarios avanzados, xa que permiten aforrar moito tempo. Presentámosche cales son:

Movementos polo TimeLine.
  • j : presionando a letra "j", iraste desprazando por todos os teus tweets da túa liña temporal (TL) cara abaixo.
  • k : coa letra "k", ao revés. Moveraste cara arriba na TL.
  • . (punto) : presinando a tecla de punto ".", levarate áo inicio e cargarache os novos tweets.
  • enter : presionando a tecla "enter" abriremos ou pecharemos o tweet que teñamos seleccionado.
Unha vez aberto un tweet (con "enter"), poderemos facer as seguintes accións individuais:
  • r : coa letra "r", poderemos responder ao tweet.
  • t : coa letra "t", poderemos facer un retweet.
    • f : coa letra "f", engadiremos o tweet aos nosos favoritos. Volvendo pulsala, desfaise o favorito.
    Outros comandos xerais
    • n : coa letra "n" poderemos compoñer un novo tweet.
    • ESC : coa tecla "ESC", cancelamos.
    • space : pulsando a tecla "space" podemos desprazarnos rapidamente polo noso TL cara abaixo.
    • shift+space : mediante "shift+space", ao revés. Desprazarémonos cara arriba.
    • / : a tecla "/" sitúa o cursor no cadro de busca.
    • d : pulsando "d", abrirásenos a composición dun novo mensaxe directo.

    Combinacións de teclas

    Funcionan pulsando unha e logo a outra, non á vez:
    • g h : volver á "home", á páxina principal.
    • g r : ir á páxina de respostas ou mencións
    • g p : ir ao noso perfil
    • g f : ir aos nosos favoritos
    • g m : ir aos nosos mensaxes directos
    • g u : abrir busca para usuarios.
    Algún deles podédelo ver neste vídeo:



    E a vós, parécenvos útiles ou preferides ir co rato?

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario