14 oct 2010

Mallando Eventos. SIMO Network 2010 (VI): Opentrad, Lleida.net e Workscreen

Na entrada de hoxe analizaremos tres empresas, cuxos proxectos nos pareceron ben interesantes: Opentrad, Llleida.net e Workscreen.

Opentrad

Opentrad é unha plataforma de servizos de tradución automática en código aberto, capaz de traducir entre máis de 20 pares de idiomas, entre eles o galego.

Permite traducir textos, documentos e navegar por Internet en diferentes idiomas, alén de achegar unha ferramenta para páxinas empresarias ou blogues multilingües.

Ten a vantaxe de ser configurábel e adaptábel ás necesidades do cliente, pensado en termos de software libre, o que optimiza a inversión tecnolóxica ao non ter que mercar licenzas.

Diego Vázquez (esquerda) e Ibon Aizpurua no stand de Opentrad en SIMO Network 2010

Durante SIMO, puidemos falar con Ibon Aizpurua (@epiola) , de Ingeniaritza Eleka linguistikoa, e Diego Vázquez, de Imaxin Software. Con este último, gravamos unha pequena entrevista:



Lleida.net

Lleida.net (lembrádesvos de IRC?) é a primeira operadora de SMS, líder no sector das mensaxes curtas e multimedia. Leva máis de 12 anos adicándose a este sector e a día de hoxe efectúase a través da súa rede máis de un millón de transacións diarias para o envío e recepción de SMS.

Entre os seus clientes están as Administracións públicas, os partidos políticos, medios de comunicación, PEMES e grandes empresas de multitude de sectores.

Foron a SIMO presentando as MMS Certificadas, un servizo que permite certificar en minutos algún suceso, aforrando papeleo e custos. Un uso posíbel é o dos partes de accidente. Neste sentido, dende o lugar do suceso poderíase sacar unha foto co móbil e enviar o parte por MMS á aseguradora, axilizando trámites.

Falamos con Manuel Ruíz, Director de Atención ao Cliente de Lleida.net



Workscreen

Workscreen presentou en SIMO un novo catálogo de pizarras dixitais, que pretenden popularizar nun entorno corporativo, logo do seu éxito na educación, onde Galiza destaca no uso das mesmas. Falamos con Juan, quen nos fixo unha demostración do que podemos facer con elas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario