14 oct 2010

LDK 45: Parámetros dun DVD

Existen numerosos parámetros que definen a un DVD, mais se cadra é preciso que coñezamos algún deles, xa que con eles non se cumpre o todo-vale-para-todo.

Podemos agrupar os DVD's segundo catro parámetros: tamaño, tipo de contido, capacidade, gravación.

Segundo o seu tamaño
  • Estándar. Como o seu nome indica, son os máis extendidos. Son discos cuxo diámetro exterior é de 120 mm, interior 15 mm e anchura de 1,2 mm.
  • MiniDVD: trátase de discos de tamaño máis reducido, cuxo diámetro exterior é de 80 mm.
Segundo o contido
  • DVD-Audio: fabricados para traballar con audio de alta fidelidade.
  • DVD-Vídeo: empregado para filmes, composto de audio e vídeo.
  • DVD-Data: DVD's de propósito xeral, para almacenamento de calquera tipo de datos.
Segundo a capacidade de gravación
  • DVD-ROM: son discos gravados co método de estampación mecánica e de só lectura.
  • DVD-R/DVD+R: DVD gravábel unha única vez. A diferenza entre + e - R está no xeito de gravar e codificar; deste xeito, nos +R os buratos equivalen a 1 lóxicos, mentres ca nos -R son 0 lóxicos.
  • DVD-RW/DVD+RW: DVD's gravábeis varias veces. Novamente, +/- vai en función da codificación
  • DVD-RAM: son discos regravábeis e de acceso aleatorio, polo que se pode gravar/borrar partes, como se fose un disquette.
  • DVD+R RL: discos gravábeis unha sóa vez e de dobre capa.
Segundo a capacidade
  • DVD-5: 4,7 GB. Discos dunha soa cara.
  • DVD-9: 8,5 GB. Discos dunha soa cara, dobre capa.
  • DVD-10: 9,4 GB. Discos de dúas caras, capa simple en ambas.
  • DVD-14: 13,3 GB. Discos de duas caras, dobre capa nunha, capa simple noutra.
  • DVD-18: 17,1 GB. Discos de dúas caras, dobre capa en ambas caras
Outros parámetros: Velocidade de transferencia

A velocidade de transferencia vén dada por factores acompañados dun símbolo "x", que non é máis que un multiplicador liñal da velocidade base: 1,35 MB/s. Así, por exemplo, se temos un DVD 10x, a velocidade será 13,5 MB/s.

Fontes:

No hay comentarios:

Publicar un comentario