13 oct 2010

Mallando Eventos. SIMO Network 2010 (V): Plan Avanza 2


Stand do Plan Avanza 2 en SIMO Network 2010

O Plan Avanza naceu en 2004 co obxetivo principal de acadar a aceptación social das Tecnoloxías da Información e da Comunicación e a cobertura global dos seus servizos. Supuxo a mobilización de máis de 12.000 millóns de euros en 5 anos, 8.000 millóns de fondos estatais e 4.500 millóns do sector privado e doutras Administracións (CCAA, deputacións...).

Malia que queda moito por facer e este tipo de cifras hai que lelas con cautela, o Estado español situaríase xunto a Malta entre os países cunha maior penetración da banda larga na empresa (un 98% das empresas contan con este servizo). Ademais, conta con 27 millóns de internautas, está entre os 3 países líderes a nível mundial en porcentaxe de usuarios activos en redes sociais, o 95% dos fogares que se conectan a Internet fanno con conexións de banda larga, a penetración da telefonía móbil é do 118% e mantense líder en usuarios con identificación electrónica grazas á implantación universal do DNI-E.

Rafael Chávarri, Director de Comunicación de Red.es, falou para Mallando do Plan Avanza

Coa segunda parte do Plan Avanza, o Plan Avanza 2, quérese ir máis aló. Pensado para desenvolverse entre o 2010 e 2015, pretende facer do Estado español un líder no desenrolo e uso de produtos TIC, sendo os seus piares básicos os que seguen:
  • Desenrolo do sector TIC, apoiando ás empresas que desenrolen novos produtos, procesos, aplicación, contidos ou servizos TIC.
  • Capacitación TIC, incentivando a incorporación masiva de cidadáns e empresas á Sociedade da Información.
  • Servizos Públicos Dixitais, mellora e dixitalización dos servizos prestados pola Administración pública na rede.
  • Infraestrutura, co impulso á implantación da Sociedade da Información en entornos locais e a aplicación da nova normativa de infraestrutura de telecomunicacións en edificios e canalizacións de telecomunicacións en dominio público.
Para ilo, pularase por ter en 2015 a Administración sen papeis, así como tamén por mellorar as redes de telecomunicacións, tanto fixas coma móbiles, facéndoas ultrarrápidas.

Na nosa visita, puidemos entrevistarnos con Rafael Chávarri, Director de Comunicación de Red.es


No hay comentarios:

Publicar un comentario