26 oct 2010

LDK 50: Compartir infraestrutura, aforro e servizo

É habitual ver montes dominados por varias antes de telefonía móbil, unha por cada operadora con rede. Pode que ante esas visións pararas a pensar se non sería mellor compartir infraestrutura e ampliar a cobertura en zonas en sombra (sen cobertura).

Este tipo funcionamento compartido funciona nalgúns lugares como nas liñas de Metro ou nos traxectos do AVE: deséñase unha infraestrutura de rede neutra e logo as operadoras que queren dotar de servizo aos seus clientes alúgana.

1.- O caso do Metro.

O deseño de rede para dotar de cobertura as partes subterráneas dos traxectos do Metro consiste na instalación de antenas no interior das estacións, así como tamén nas bocas dos túneles e nos propios vagóns.

No caso do Metro de Madrid creouse unha empresa chamada Metrocall, que se encargou de facer todo o investimento para pór en marcha a rede de telefonía móbil subterránea. Na actualidade dota de cobertura practicamente o 100% das liñas, a meirande parte delas con 3G. Por este servizo cobra ás operadoras 20 millóns de euros anuais en concepto de alugueiro, alén dos gastos de mantemento (arredor de 3,5 millóns de euros), que tamén corren a conta das operadoras. En Barcelona o caso é similar, só que foi a propia empresa de xestión do transporte, TMB, a que se encargou de crear a rede.

No caso madrileño, os momentos da instalación foron bastante molestos para os usuarios, xa que se seguiu o procedemento de dotar de cobertura ás princiais estacións e logo aos túneles e non á totalidade da liña seguidamente, o que provocaba situacións incómodas ao cortarse a comunicación ao saír da estación.

Cartel no Metro de Barcelona anunciando a dispoñibilidade do servizo de telefonía móbil

2.- No AVE

No caso do AVE, ADIF, a empresa xestora da infraestutura ferroviaria, con acordos puntuais coas operadoras, foi a empresa encargada de crear a infraestrutura neutra que logo alugarían as operadoras.

Con este tipo de actuacións diminúese o investimendo para dotar o servizo aos clientes optimizando os recursos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario