25 oct 2010

Motores de combustión externa

Denomínase motor de combustión a unha máquina que transforma a enerxía procedente da combustión en movemento. Existen dous tipos de motores segundo o lugar onde se realiza a combustión, por unha banda temos os motores de combustión interna, nos que son os propios gases da combustión os que producen o movemento; mentres que pola outra banda temos os motores de combustión externa, nos que a calor producida pola combustión quenta un fluído que se encarga de crear o movemento.

Os motores de combustión interna máis habituais son os de catro tempos dos coches, ben sexan de ciclo Otto ou Diesel, e os de dous tempos -sempre ciclo Otto- dalgunhas motos, cortacespedes ou motoserras. Pero non son os únicos. Estes motores (os que nomeei, non todos os de combustión interna) usan a enerxía da propia combustión para mover un pistón que move un veo, ou eixe acobadado, para conseguir desta maneira un movemento circular.

Os motores de combustión externa máis antigos son os motores de vapor. No século I, Herón de Alexandría deseñou a Eolípila, un motor de vapor que consiste nun depósito de auga cerrado con dúas tubaxes dobradas. Cando lle aplicamos calor ao depósito, o vapor sae e fai xirar o recipiente que a contén debido á forma e posición das tubaxes. Se queredes probar a facer unha eolípila caseira, basta con poñer unha tubaxe estreita, dobrada e chea de auga nun vaso de plástico cunha candea debaixo, de maneira que quede coma neste video. Este aparello foi considerado un xoguete debido a que non se lle atopou ningunha utilidade práctica, pero foi, segundo a wikipedia, en 1606 cando un inventor español, Jerónimo de Ayanz y Beaumont, fixo a primeira patente da máquina de vapor. 


A máquina de vapor é un mecanismo cunha válvula que permite a entrada de vapor por un ou outro conduto para mover un pistón adiante e atrás como se mostra a partir do minuto 1:00 do seguinte vídeo:


Pero non todos os motores de combustión externa son a vapor, existen outros,coma o motor Stirling, un motor que en vez de auga ten gas, e cuxa fonte de calor poden ser os raios de sol reflectidos e concentrados mediante discos parabólicos.

Vínculo: Máquina Stirling caseira con dous pistóns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario