5 oct 2010

LDK 41: Tipos de pantallas táctiles: resistivas ou capacitivas?

Unha das dúbidas máis habituais entre os potenciais usuarios de terminais con pantalla táctil é a diferenza entre as pantallas resistivas e capacitivas. A priori, ambas funcionan co principo detector de pulsacións por cambio na corrente eléctrica. Sen embargo, as diferenzas veñen dadas polos compoñentes dos que están compostas.

Pantallas resistivas

As pantallas resistivas están moi extendidas porque son máis baratas e moi resistentes a factores externos, como a auga ou o pó. Están formadas por varias capas; as dúas superiores entran en contacto ao pulsar, provocando un cambio na corrente eléctrica que indica dita pulsación. Esta composición multicapa fai que reduzan o brillo até nun 25%.

A resposta do móbil ao tacto é pouco intuitiva, xa que non permite a detección de varias pulsacións a un tempo (multitouch) ou os xestos, malia que ultimamente ten habido avances significativos neste sentido.

Están presentes en terminais popularizados coma o HTC Tatto ou o Nokia 5800

Pantallas capacitivas

As pantallas capacitivas proveen ao usuario dunha experiencia máis agradábel, xa que posúen moitas formas de interacción (multitouch, xestos...). Funcionan por capacitancia, polo que detecta a "pulsación" (entrecomillado porque non é preciso facer presión) cos dedos ou outros obxectos dotados desta característica.

Entre os terminais con este tipo de pantalla están a HTC Magic, o Nexus One, HTC Desire, iPhone ou Blackberry Storm.

A mellor é...

Pois depende. Unha navegación con pantalla capacitiva é moito máis natural, pero se queremos precisión obterémola usando un stylus (especie de "boli" para manexar as pantalla resistivas), así que na miña opinión o tipo de pantalla non sería a cuestión básica á hora de elixir un terminal.

[Fonte]: colleita propia e Xataka

2 comentarios: