1 oct 2010

Chega o outono con novidades en Mallando

O outono vén completo en Mallando na e-ira, e con novidades:

Despois de 3 meses de actividade diaria desde que recomezamos con este proxecto o 1 de xullo, tivemos (segundo Google Analytics) 1652 visitas, con 2903 páxinas vistas e 950 usuarios únicos. Os nosos posts máis visitados foron a crónica da visita de Mallando na e-ira a R, a entrada sobre as lesións cerebrais e os trastornos da linguaxe e a aplicación para Android que marca a situación dos buses urbanos da Coruña. Queremos agradecervos a todos as vosas visitas.

E ben, como diciamos, traemos novidades de outono. A partir da próxima semana comezaremos a publicar semanalmente posts de colaboradores externos a Mallando, lectores que decidiron animarse a compartir os seus coñecementos e inquietudes con todos nós e co resto de lectores. Non queremos desaproveitar esta oportunidade para lembrarvos que se queredes colaborar con nós non tendes máis que enviar os vosos textos a mallandonaeira@gmail.com

Por outra banda, ao longo do outono teremos máis novidades en forma de crónicas de diversos eventos e outros especiais dos que preferimos non adiantarvos nada polo de agora. Rematamos reiterando o noso agradecemento a todos polas vosas visitas. Grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario