23 sept 2010

LDK 36: Sir Arthur Guinness' Day

Tal dia coma hoxe de hai 251 anos (1759), Arthur Guinness firma un contrato de arrendamento por 9000 anos dunha fábrica de cervexa, en St.James's Gate, Dublin. Este aluguer, que inclúe o dereito á auga, costoulle un prezo inicial de 100 libras, cunha renda anual de 45 libras.

Así nacía a que probablemente sexa a cervexa irlandesa máis coñecida do mundo, a Guinness. A Guinness é unha cervexa tipo Stout elaborada con malta, cebada, lúpulo, fermentos e auga. Parte da cebada é tostada ao xeito tradicional para darlle a súa característica cor, que non é negra, senón rubí escura.

A Guinness é hoxe en día un dos símbolos de Irlanda. As súas campañas de publicidade, a súa estreita vinculación co Día de San Patricio, o seu uso como tópico cultural irlandés en múltiples obras literarias ou audiovisuais e o seu Libro dos Records convírtena en toda unha icona, e a súa fábrica é un dos lugares de visita máis comúns en Dublín.

Desde 2009, no seu 250 aniversario, a cervexa decidiu celebrar os días 23 de setembro o Sir Arthur's Day, para conmemorar o nacemento desta cervexa en todo o mundo.



Sláinte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario