24 sept 2010

Conglomerantes

Un conglomerante é un material capaz de unir fragmentos dun ou varios materiais e dar cohesión ao conxunto mediante transformacións químicas que orixinan novos compostos. Pola outra banda, os aglomerantes son materiais capaces de unir fragmentos dunha ou varias substancias e dar cohesión, pero por métodos exclusivamente físicos.

Os conglomerantes máis coñecidos son:

  • xeso. Obtense a partir da deshidratación dunha pedra natural denominada alxez que, dependendo das temperaturas de deshidratación adquire diferentes características, e denominamos escaiola ao xeso de alta calidade e cun gran moi fino.
  • cal. Tras aplicar calor ao carbonato de calcio (CaCO3) obtéñense dous compostos químicos, por unha banda o dióxido de carbono (CO2), e pola o outra o óxido de calcio, comunmente chamada cal vivo (CaO). Se mesturamos o cal vivo con auga obtemos hidróxido de calcio (Ca(OH)2), comunmente denominado cal apagado.
  • O cemento, obtense despois da pulverización do clinker, un compoñente que se forma tras calcinar pedra calcaria e arxila a unha temperatura duns 1400ºC.

Dentro da clasificación de conglomerantes existen dous tipos: aéreos e hidráulicos. Certos tipos de xesos e cales clasifícanse como conglomerantes aéreos, estes non conglomeran en contacto coa auga; pola contra, o xeso hidráulico, a cal hidráulica e o cemento portland poden fraguar somerxidos, o que os fai de gran utilidade para cimentacións de pontes, presas ou cimentacións en terreos pantanosos e similares, e denomínanse conglomerantes hidráulicos.

Todos estes materiais teñen unha data de caducidade a partir da cal perden propiedades, ademais deben ter unha almacenaxe coidadosa, de xeito que se eviten ambientes húmidos que poidan deterioralos, aínda que na práctica, en demasiados casos isto non é así, quedando expostos á intemperie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario