25 sept 2010

LDK 37: Breve historia do rato

É un dos periféricos máis útiles e empregados, pero... a quen debemos este invento? Foron Douglas Engelbart e Bill English quen durante os anos 60 viron a necesidade de contar cun dispostivo que liberase das tediosas labores de ter que facer todo por comandos e poder dar o salto ás formas gráficas.

Fixeron unha primeira maqueta moi artesanal, en madeira, que rexistraron na oficina de patentes como "X-Y Position Indicator for a Display System", e que xa facía o mesmo que os ratos de hoxe: mover un cursor pola pantaña.

Copia da primeira maqueta. Fonte: Wikipedia

A presentación oficial do rato fíxose a finais de 1986 en San Francisco e foi acompañada da presentación tamén dun entorno gráfico con ventás, alén de hipermedia (un mecanismo para navegar por Internet e usar videoconferencias), pero non sería até 1981 cando se lanzou de xeito comercial o primeiro computador con rato incluído: Xerox Star 8010. Malia todo, non se faría popular até o lanzamento de Macintosh en 1984, despois de que Steve Jobs (Apple) pedira un deseño dun rato que permitise fabricación en serie e cun custe de menos de 35$, xa que o tipo Xerox custaba arredor de 400$

En posteriores variacións, incluiuse a roda e o sensor óptico por diodo LED, melloras que se deben a Microsoft, quen as introduxo entre 1996 e 1999. Hoxe en día Logitech é o maior fabricante e comercializador de ratos, surtindo a Apple, IBM, Hewlett-Packard ou Compaq.

Fonte: Apuntamentos de Arquitectura dos Ordenadores I, de M. Llamas

No hay comentarios:

Publicar un comentario