21 sept 2010

LDK 35: DIN A4

DIN é o acrónimo de Deutsches Institut für Normung (Instituto Alemán da Normalización), o organismo alemán de normalización, este acrónimo é coñecido, principalmente, grazas ao DIN A4, unha folla de papel rectangular coas dimensións -de 210 x 297 mm- establecidas na norma DIN 476.
O A4 é un formato dunha serie na que as súas dimensións non son froito do azar, senón que veñen establecidas mediante tres premisas:

  • Todos os formatos da serie deben ser rectangulares.
  • O formato de partida deberán ter unha superficie de 1m2.
  • Se partimos un formato pola metade do lado longo, daranos o formato seguinte gardando as proporcións.

Expresando estas ecuacións chegamos ao seguinte sistema:









E mediante unha sinxela serie de operacións, resolvemos o sistema e obtemos as dimensións do formato de partida, o A0:








Estas son as dimensións do A0, se dividimos o seu lado longo á metade e mantemos o curto obtemos o seguinte formato, o A1: 0,841 x 0,594 m. A continuación a táboa de formatos:


Grazas a estas normalizacións non temos problemas de compatibilidade do papel coas impresoras, sobres, fundas ou encadernacións. Hoxe iso parece trivial, pero sen unha norma coma esta darían bastantes problemas de compatibilidade.

Imaxes e sistemas de ecuacións: DIN 476.

No hay comentarios:

Publicar un comentario