16 sept 2010

LDK 33: EHE. Instrucción de Hormigón Estructural




A Instrucción de Hormigón Estructural é unha normativa estatal publicada polo Ministerio de Fomento e elaborada pola Comisión Permanente del Hormigón na que se establecen os requirimentos que deben cumprir as estruturas de formigón, sexa este en masa, armado ou pretensado.

A EHE determina as características dos materiais que compoñen o formigón, as súas cantidades límite, así coma os aditivos e adicións (elementos que modifican certas propiedades do formigón como son o tempo de fraguado, ou a cantidade de auga precisa para poñelo en obra, entre outros) que se permiten e con que características.

Ademais de todo isto tamén establece as condicións relativas á ferralla, tanto no formigón armado, coma no prestensado; desta maneira indica as correctas disposicións segundo o tipo de elemento do que se trate e establece unhas cantidades mínimas para o mesmo.

A EHE é unha normativa na que se mostran as esixencias e os controis obrigatorios na proxección e na execución de estruturas de formigón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario