9 sept 2010

LDK 30: O IMEI

IMEI é o acrónimo de International Mobile Equipment Identity (ou Identidade Internacional do Equipo Móbil) e é o número que identifica univocamente aos teléfonos móbiles a nível mundial. O teléfono transmite á rede este número cando se conecta, polo que a operadora sabe a que terminal está conectada certa tarxeta SIM.

Habitualmente, este número vén impreso na caixa do terminal, pero tamén o podemos saber marcando a secuencia *#06#. Está composto por 15 cifras. Se aparecen 14, o último é un 0. Nos que comezan por 17, os dous últimos números non se empregan.

Destes 15 números, os 6 premeiros son o TAC (Type Allocation Code), que indican a organización que regula o teléfono; os 2 seguintes son o FAC (Final Assembly Code), que indican o fabricante; os 6 seguintes son o número de serie do terminal (SNR) e o último o díxito verificador (SPARE).

Existe unha base de datos vencellada ao IMEI, chamada EIR, que distinguen 3 listaxes: branca, gris e negra. A primeira identifica aos aparellos autorizados a realizar/recibir chamadas; a gris a que está baixo sospeita e na que se poden usar os datos da SIM para identificar ao usuario e finalmente a negra, que identifica os terminais bloqueados (por ser roubados ou por graves problemas técnicos).

No hay comentarios:

Publicar un comentario