O arco é un elemento estrutural xeralmente curvo que cubre a distancia entre dous puntos fixos e traballa en compresión, a diferenza cunha viga é que esta última traballa en flexión. O arco é o elemento óptimo para traballar con elementos pétreos debido a que teñen unha gran resistencia traballando a compresión e moi baixa resistencia á tracción.
Un polígono funicular é un procedemento gráfico grazas ao que damos determinado a posición exacta da resultante de varias forzas, pois mediante este procedemento e o núcleo central podemos calcular a estabilidade dun arco, comprobando que as reaccións de cada unha das doelas (cada unha das pezas do arco) se manteñen dentro do mencionado núcleo, tamén coñecido, neste caso, como terzo central.
O arco que mellor se comporta é o denominado arco en catenaria, este arco obtense usando unha cadea suspendida por ambos extremos á que se lle dá a volta.
Estes arcos foron usados por Gaudí en numerosas ocasións. De feito, ten unha "maqueta" do templo da Sagrada Familia realizada con cadeas colgando, pero é preciso observala mediante un espello para vela de maneira definitiva.
Imaxe I.
Imaxe II.
No hay comentarios:
Publicar un comentario