A itinerancia (máis coñecida pola demoninación inglesa, roaming) é un servizo avanzado e á vez unha funcionalidade considerada básica nun mundo cada vez máis global. Permite acceder aos servizos de telecomunicacións móbiles dende diferentes redes (o máis habitual, en distintos países) sen ter que adquirir un novo móbil (ou tarxeta) no país de destino. Para ilo, é preciso que exista un acordo previo entre os distintos operadores de rede.
Como funciona
Antes de falar do 'como funciona', cómpre distinguir entre dous operadores: o nativo (co que temos contratados os servizos no país de orixe) e o anfitrión (o que nos dá cobertura no noso destino).
En termos xerais, o operador nativo o único que fai é autentificar ao usuario e verificar se ten algunha relación contractual co operador anfitrión cando se intenta establecer unha chamada.
Cómpre tamén facer unha distinción entre os procesos de facer e recibir unha chamada.
Cando nos atopamos no extranxeiro e queremos facer unha chamada, distiguimos 3 etapas de comunicación:
1. Tránsito da chamada no país extranxeiro. Na liña dos posíbeis acordos entre o noso operador nativo e o anfitrión, este dará cobertura e tránsito á nosa chamada no país de visita.
2. Tránstio Internacional: se a nosa chamada vai fóra do país no que esteamos, o operador anfitrión tamén dará saída internacional á nosa chamada.
3. Chegada ao destino da chamada: o operador do país de destino será quen se encargue de levar a chamada dende o tránsito internacional ao operador do receptor da chamada.

Gráf. 1: Proceso de realización de chamada en itinerancia
No caso de recibir unha chamada, as cousas complícanse un pouco, mais tamén distinguimos 3 etapas:
1. O emisor chama. O operador do chamante pasa a chamada ao operador nativo do receptor.
2. O operador do receptor, ao ver que este está no extranxeiro, pasa a chamada a tránsito internacional.
3. A chamada chega ao usuario a través do operador anfitrión.

Gráf 2: Proceso de recepción de chamada en itinerancia
Teñamos en conta
Debemos ter en conta dous aspectos importantes respecto á itinerancia:
Activación
Cada vez é máis habitual que non teñamos activado 'de serie' o servizo de itinerancia (esta activación é de balde con todos os operadores españois), polo que é convinte que nos informemos disto chamando un par de días antes de viaxar ao Servizo de Atención ao Cliente do noso operador.
Prezos
Como é de supór, este servizo ten uns custos engadidos que podemos consultar nas webs do noso operador. Xeralmente, adóitanse distinguir 3 zonas (Unión Europea, resto de Europa + América do Norte, resto do mundo) con prezos ben diferentes.
Ademais, recentemente a Unión Europea publicou unha normativa cos prezos máximos que os operadores da Unión poden cobrar en itinerancia:
- Realizar chamadas: 0,39 €/min
- Recibir chamadas: 0,15 €/min
- Enviar SMS: 0,11 €/sms
- Recibir SMS: gratuíto
- Limitación de datos a 50€
No hay comentarios:
Publicar un comentario