Xa falamos noutras entradas doutros aspectos relacionados coa fonética e tamén co procesamento cerebral da linguaxe mais faltaba tratar o punto en común entre ambos aspectos: O proceso de audición.
O proceso de audición consiste na conversión dos cambios nos niveis de presión do aire no que consisten as ondas sonoras en impulsos electro-químicos transmitibles mediante o sistema nervioso, para despois seren interpretados no cerebro. Porén, este proceso é máis complexo do que semella nun comezo.

O proceso comeza no oído externo. O pavillón auditivo ou aurícula (isto é, a orella) axuda a localizar a fonte do son e a encamiñalo cara ao canal auditivo externo que ten unha dobre función de protección e encamiñamento do son cara ao oído medio.
O oído medio é unha cavidade chea de aire comunicada coa farinxe mediante as trompas de Eustaquio, que facilitan que o aire do oído medio manteña unha presión similar á do exterior: cando isto non é así (por moi diversos motivos) prodúcese a desagradable sensación de taponamento.
Ao comezo do oído medio atopamos o tímpano. O tímpano é sensible aos diferenciais de presión do aire, que o fan vibrar. Aquí prodúcese o primeiro cambio de estado das ondas sonoras: de diferenciais de presión, o son pasa a ser transmitido mediante un movemento mecánico. Este movemento é transmitido mediante a cadea de ósos menores á ventana oval, que transmite as vibracións ao oído interno.
Os ósos menores (o martelo, a bigornia e o estribo) actúan como amplificadores do son mediante un sistema de resonancias e como protectores do oído interno ante unha posible sinal demasiado intensa.
O oído medio está separado do oído interno mediante unha parede con dúas membranas: a ventana redonda axuda a compensar a presión no interior do oído interno, mentres que a ventana oval recolle as vibracións transmitidas polo estribo, o último dos ósos menores.
No oído interno atopamos tanto os órganos do equilibrio como os da audición. No tocante á audición, temos como órgano máis importante á cóclea, mentres que para o equilibrio son máis importantes o vestíbulo e os canales semicirculares.
Na ventana oval prodúcese o segundo cambio de estado das ondas sonoras, xa que de movementos mecánicos en sólido, pasan a transmitirse a un medio líquido, o líquido contido dentro da cóclea.
Na cóclea, e máis concretamente na membrana basilar, atopamos o órgano de Corti, un pequeno órgano no que se sitúan as celulas ciliares. Estas células recollen os movementos do líquido da cóclea e transfórmanos en estímulos nerviosos, nun último cambio de estado antes de transmitir a información ao cerebro a través do nervio auditivo.
Bibliografía:
Llisterri, Joaquim (1996) "Los sonidos del habla". En Carlos Martín Vide (ed.) Elementos de lingüística. Barcelona: Octaedro. pp.67-128.

No hay comentarios:
Publicar un comentario