En Mallando na e-ira un dos nosos principios fundacionais é o de publicar entradas, sobre diferentes ámbitos científicos en galego, a lingua que empregamos, como diciamos no noso primeiro post, porque nos gosta, porque nos sae de dentro. E tamén porque queremos contribuír ao uso normal da nosa lingua, demostrando que o seu uso é posible en todo ámbito, no noso caso un blogue sobre diversos aspectos científicos e tecnolóxicos.
É por iso que nos entristece profundamente o peche, esta pasada fin de semana, de Vieiros e Chuza!. Estes peches deixan a xa moi reducida presenza do galego nos medios informativos na rede na súa mínima expresión, e constitúen unha moi mala nova para a nosa lingua, nunha das canles, a rede, con máis potencialidade para a aparición de iniciativas capaces de contribuir positivamente á normalización da lingua galega.
Desde Mallando na e-ira reafirmámonos no noso compromiso de uso e defensa da nosa lingua, a lingua galega, contribuíndo co noso graíño de area á presenza normalizada da nosa lingua na rede. Así mesmo, desexamos que a estes peches, causados máis pola crise económica (no caso de Vieiros) que por motivos de falta de demanda, non se una ningún outro que deixe aínda máis mermada a presenza do galego na rede. Por último, esperamos a pronta presentación dunha nova iniciativa de medio informativo en lingua galega que sexa quen de continuar coa necesaria labor de normalización da lingua no ámbito dos medios informativos na rede.

No hay comentarios:
Publicar un comentario