31 jul 2010

LDK 13: IP sobre palomas mensaxeiras

Na liña da entrada Introdución aos protocolos de rede desta semana, atopámonos cun curioso protocolo para a transmisón de datagramas mediante IP: o IP sobre palomas mensaxeiras.

Foi definido pola recomendación RFC 1149 o 1 de abril de 1990. Se ben é certo que no propio texto fálase de que é experimental, resulta realmente curioso. Entre outros aspectos, sinálase como ha de ser o formato de tramas:

O datagrama IP é impreso, nun roio de papel en hexadecimal[...]
O roio de papel envólvese arredor dunha perna do exemplar aviar.
Usarase unha banda de cinta adhesiva para fixar os bordes do datagrama.
O ancho de banda está limitado á lonxitude das pernas[...]

Non contentos con iso, o 1 de abril de 1999 publicábase unha nova recomendación, a RFC 2549, que melloraba a anterior, incluíndo calidade de servizo (QoS).

Ligazóns relacionadas:

No hay comentarios:

Publicar un comentario