30 jul 2010

Cartografía e proxección UTM

A cartografía auxilia á xeodesia na elección de modelos matemáticos -xeométricos ou analíticos- para representar os vértices xeodésicos seleccionados. Se tomamos un anaco de superficie suficientemente pequeno, pódese evaluar como plana, e esta representación realízaa a topografía. Pero canto maior é a superficie, maior é o erro que obtemos por considerala plana, e é neste momento no que aparece a cartografía. Á representación gráfica obtida, denominarémola mapa.

Segundo as deformacións, podemos clasificar as proxeccións cartográficas como:
Automecoica: se a proxección conserva a distancia nunha determinada dirección
Equivalente: se conserva a superficie
Conforme: se conserva os ángulos
Aphylactica: se non segue rigurosamente conforme nin equivalente, pero reduce ao máximo as deformacións.

Segundo o sistema de transformación:
Sistema natural ou perspectivo, a proxección da superficie terrestre, dende un centro de proxección V, sobre un plano pode ser secante, tanxente, ou exterior a superficie terrestre. Pode ser: gnomónica (V no centro da terra), escenográfica (V no exterior da codia terrestre), ortográfica (V no infinito) e esterográfica (V no punto antípoda da tanxencial do plano coa superficie terrestre)

Sistema artificial ou por desenvolvemento, transforma a superficie curva noutra de revolución desenrolable (cono ou cilindro). Se o eixe do cilindro ou do cono coincide co eixe terrestre, díse que está en posición directa, se coincide cun diámetro do ecuador está en posición transversa, e no resto oblicua.


Agora falaremos da proxección UTM.
As súas iniciais corresponden a Universal Transverse Mercator. Realiza a transformación analítica dende a superficie terrestre a unha superficie cilíndrica de revolución con eixe orizontal e que se basa nos estudios de Mercator.

Transforma as coordenadas xeográficas dos vértices xeodésicos proxectados seguindo a vertical astronómica sobre a superficie terrestre, en coordenadas rectangulares sobre a superficie plana. A adopción deste sistema, implicou a elección dun elipsoide internacional -Hayford- (lembremos que a terra non é exactamente unha esfera) e dun punto astronómico fundamental (un punto de referencia), o Datum Europeo.

Para explicalo graficamente, circunscríbese un cilindro horizontal tanxente á superficie terrestre ao largo dun meridiano. A medida que se aproxima aos Polos, a elipse da superficie vaise separando da circunferencia, polo que a partir dun determinado paralelo, as deformacións que se producen son demasiado grandes para ser admitidas pola cartografía, de modo que se limita a proxección ao  intervalo entre 80ºN e 80ºS. Para completar a proxección úsase unha proxección xeométrica estereográfica (plano do cuadro tanxente ao polo que se levanta e punto de vista no polo oposto), quedando a deformación dentro da tolerancia.


No arco do Ecuador, a deformación aumenta rapidamente respecto á xeneratriz do cilindro, obligando a restrinxir máis a proxección, 6º a cada lado do meridiano central, o que nos da unha amplitude de 6º.
A superficie terrestre involucrada recibe o nome de fuso, practicándose a mesma transforamción aos 60 fusos UTM que compoñen o globo terraqueo (60x6º=360º).

Fontes:
Andrade López, J.P. e Losada Pérez, Carlos: Apuntamentos de Topografía (Materia de 2º curso de Arquitectura Técnica de A Coruña).
Imaxes aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario