27 jul 2010

LDK 11: Ad kalendas graecas

A raíz dun twit na conta de twitter de @vitorpalas, mencionando o mes imaxinario de Juliembre, lembrei outra expresión incluíndo unha data imaxinaria, a expresión latina ad kalendas graecas, o equivalente de "cando as ras crien pelo" ou "cando os peixes boten a voar":

As kalendas eran unha das divisións do mes no calendario romano.

O calendario romano non daba un número a cada dia do mes, senón que marcaba tres puntos fixos en cada mes:
As kalendas eran o primeiro dia de cada mes.
As nonas eran o dia 5 de cada mes, excepto en marzo, maio, xullo e outubro, nos que eran o dia 7.
Os idus eran o dia 13 de cada mes, excepto en marzo, maio, xullo e outubro, nos que eran o dia 15.

Os dias que coincidian cun destes puntos eran designados asi:
Kalendis octobris: O 1 de outubro.

Os dias anterior e posterior a cada un destes puntos eran designados mediante os adverbios pridie e postridie:
Pridie idibus octobribus: A véspera dos idus de outubro = 14 de outubro
Postridie nonas Ianuarias: O día posterior ás nonas de Xaneiro = 6 de xaneiro

O resto dos dias márcanse contando os dias que faltan para o seguinte punto marcado:
Ante diem sextum kalendas Ianuarias: o sexto dia antes das kalendas de xaneiro = 27 de decembro.¹

Esta expresión usábase porque o sistema de calendario grego, totalmente diferente, non incluía ningún punto denominado kalendas, polo que unha débeda que se pagaría ad kalendas graecas nunca sería pagada.



NOTAS:

¹ Notaredes que polo noso sistema de cómputo só pasan 5 dias. Os romanos contaban mediante un sistema inclusivo, no que o propio punto de partida é contado como día 1. Así, do día 3 ao 5 irian 3 dias e non 2.
Isto consérvase aínda hoxe en día na expresión galega 'de hoxe en oito días' que se refire ao mesmo día da semana seguinte e non a un dia máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario