Se a calquera de vós vos preguntasen onde está, fisicamente, a vosa memoria, probablemente diríades que na cabeza, no cerebro. Igualmente, é moi probable que fose no cranio onde vos golpeásedes se vos esquecérades de algo importante, ou se o tentasedes lembrar.
Porén, esta apreciación do cerebro como lugar da memoria non é a que tiñan os nosos antepasados: E é que durante moito tempo creuse que era o corazón, e non a cabeza, o lugar onde tiña o seu asento a memoria, o que aínda é aparente en expresións como "learn by heart" (aprender de memoria), en inglés.
Mais o que probablemente non saibamos é que tamén temos restos desta apreciación na nosa lingua: E é que un dos termos que temos para facer referencia a esta capacidade, recordar, ten a súa orixe na unión do prefixo re- e a raíz latina cord-, "corazón", que tamén aparece en termos como "cordial". Recordar significaría "traer ao corazón" igual que hoxe un recordo vén ou volve á mente.
Boísimo Luis! Un dez para a entrada ;-)
ResponderEliminarMoi boa explicación! sinxela e concisa, unha magnífica gotiña de coñecemento.
ResponderEliminar