10 nov 2011

Os transformadores III: Distintos tipos II. Outros transformadores importantes

- Transformador de aislamiento
Proporciona un aislamento galvánico, o que fai que tocando a fase na saída do transformador non produza descarga eléctrica, xa que non cerra o circuito por terra. Utilizanse en baños, en componentes electrónicos sensibles ou no material biomédico, para protexer ó paciente ante calquera evento, avería ou desperfecto na rede eléctrica.

- Transformadores de medida.
Este tipo de transformadores utilízanse cando se traballa en valores de tensión ou corrente moi elevados. Cando necesitamos medir os valores mediante instrumento de medida, botamos man deste tipo de trebellos, rebaixando a tensión ou corrente para poder medila de forma segura e na escala do instrumento de medida que temos. Divídense en dous grupos:

  • Transformadores de tensión: son os transformadores de medida que se usan para adecuar a tensión aos alcances dos elementos de medida (voltímetros) e/ou aislalos da rede.
  • Transformadores de corrente: son os transformadores de medida que se usan para adecuar a corrente aos alcances dos elementos de medida (amperímetros) e/ou aislalos da rede.

Son moi importantes, porque serven para medir as dúas magnitudes, corrente e tensión, da rede eléctrica no seu transporte e distribución. Outro uso que teñen nas líneas de tensión elevada é que serven para protexer as líneas, xa que se lle poden acoplar contactores ou relés protectores.

- Autotransformadores.


Neles, o primario e o secundario do transformador están conectados en serie, constituíndo un bobinado único. Variando dende V2 ata V1 obtemos distintas tensións no secundario, ata chegar a ter VH se conectamos o devanado común e o serie.

Como ventaxas presenta que pesa menos e é máis barato que un transformador, aínda que ten o inconveniente de non proporcionar illamento galvánico entre o primario e o secundario.

Úsase en motores nos que consomen unha alta corrente durante o seu arranque ou en sistemas ferroviarios de alta velocidade, donde cada certo tempo se conecta a línea ao autotransformador para manter constante a alimentación na línea e non ter caídas importantes de tensión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario