16 nov 2011

O globo terraqueo


O globo terraqueo é a representación máis perfecta do noso planeta. Nel podemos trazar sen equivocación as rutas aéreas ou marítimas, xa que os rumbos e as distancias son reales. A distancia entre dous puntos da superficie da terra (dous portos, duas cidades, ...) calcúlase simplemente trazando o círculo máximo sobre o globo terraqueo. Esto podemolo facer mediante unha corda tensa, mediante unha cinta métrica ou ben medindo a corda para logo obter a medida real aplicando a escala do globo.

Aparte de poder utilizalo para tomar medidas, tamén podemos apreciar o movementos de rotacion que describe a terra mediante o eixe imaxinario que a atravesa. Desta maneira, podemos apreciar que a parte do globo que vemos é a rexión da Terra na que é de día, é dicir, a que está soleada, mentras que polo contrario, as rexións que non vemos atópanse na penumbra da noite.

Ahora ben, sabemos quen inventou o primeiro globo terraqueo?

Sábese que os grego xa coñecían que a terra tiña forma esférica, xa que empezaron a construir globos para poder representala, ainda que foi o estoico Crates de Malos o primeiro do que se ten constancia que fabricara un destes trebellas cara o 150 a.C. Como naquela época aínda non se descubrira América, Australia e parte de África, sólo se amosaban catro rexións terrestres distribuidas polo globo terraqueo, ainda que sólo unha coñecida, a ecúneme, é decir, a terra que estaba habitada pola humanidade. Os gregos, romanos e posteriormente os árabes fabricaron e usaron globos terraqueos e celestes.



Sen embargo, o primeiro globo terraqueo que se conserva hoxe en día é o construido polo xeógrafo alemán Martin Behaim, do ano 1492.

Xa no Renacemento, a época de esplendor deste tipo de trebellos, un cartógrafo alemán chamado Martin Waldseenmüller introduciu un avande importante na construcción deste tipo de accesorios cartográficos ao utilizar os fusos esféricos impresos, que eran unha serie de lunas esféricas que se pegeban sobre unha esfera para poder obter o globo terraqueo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario