13 sept 2011

LDK 188: As seis mulleres de Henry VIII

Henry VIII naceu en 1491, o segundo fillo de Henry VII. Ascendeu ao trono en 1509, trala morte do seu irmán maior, casando, por primeira vez, coa viúva deste Catalina de Aragón.


Catalina tivo seis embarazos que non deron resultado, e despois de 20 anos de matrimonio Henry só obtivo dela unha filla, Mary. Henry decidiu divorciarse dela, o que causou a ruptura da Igrexa de Inglaterra co Papado.


Tralo divorcio, Henry casou con Anne Boleyn (Ana Bolena), que xa estaba embarazada durante a voda, e que deu a luz a outra filla, Elizabeth. Anne era unha raíña forte e cunha grande capacidade de tomar parte en asuntos da vida política. Porén, as intrigas da corte foron máis grandes que a súa capacidade, e a falta de herdeiro varón seguía obsesionando a Henry, polo que Anne foi acusada de adulterio e decapitada.


Só 10 días máis tarde, Henry casou con Jane Seymour, que daría a luz en 1537, por fin, un herdeiro que, se ben enfermizo e débil, era varón, Edward. Porén, o parto costoulle a vida á raíña, que morreu de febres contraídas no postparto.


En 1540 Henry casou con Anne de Cleves, facendo unha alianza con Saxonia. Henry casou con ela por poderes, sen tela visto en persoa, despois de ver un pequeno retrato. Ao chegar á corte, Henry ficou moi decepcionado coa súa apariencia física, e decidiu divorciarse dela, se ben Anne continuou na corte, e chegou a convertirse en boa amiga do rei.


Ese mesmo ano, Henry casou coa súa seguinte muller, Catherine Howard. Catherine era moito máis nova có rei, e isto fixo que mantivese relacións adúlteras con varios cortesanos, o que lle acabaría costando a cabeza só dous anos máis tarde.


A última muller do rei, Catherine Parr, estivo casada con Henry desde 1543 a 1547, ano no que morrería Henry. Catherine Parr axudaría a reconciliar a Henry coas súas dúas primeiras fillas.

En inglés emprégase unha moi coñecida regla mnemotécnica para lembrar o destino das seis mulleres de Henry VIII:
Divorced, beheaded, died.
Divorced, beheaded, survived.

(Divorciada, decapitada, morreu,
Divorciada, decapitada, sobreviviu).

2 comentarios:

  1. Curioso, a lenda (amáis dun capítulo dos Simpsons) fai pensar que decapitara a moitas máis que a dúas. Por certo que non puiden deixar de pensar no magnífico álbum de Rick Wakeman -- The Six Wives of Henry VIII, que "adxunto" para quen teña Spotify:

    http://open.spotify.com/album/5k43UFx7Q5lqJ0wL3cfknM

    ResponderEliminar
  2. A serie que recentemente veñen de botar en tve estaba xenial e era unha recreación historica moi boa.

    ResponderEliminar