Hai uns días falabamos dos traballos en tensión. Xeralmente, nas liñas eléctricas de alta e media tensión os operarios traballan “en quente”, é dicir, traballan en tensión. Isto débese a que non se pode interromper a subministración ao usuario final, a que se cortamos o suministro dunha liña, estamos forzando a traballar con máis carga a outras liñas para manter un subministro constante e ás perdas económicas que supoñen para as empresas transportistas de enerxía eléctrica.
Como exemplo de traballo "en quente", traiovos este vídeo onde se observa aos operarios traballando a distancia usando o método de afastamento dos condutores a distancias prescritas, por medio de dispositivos illantes (pértegas neste caso).
No vídeo recóllese a manobra de substitución dunha cadea de suspensión de illadores (eses pratos de vidro ou porcelana que se ven nas liñas eléctricas) nunha liña de AT en Brasil. Podes apreciar como de escrupulosa é a manobra, o tipo de material usado, as medidas de seguridade usadas e como queda un illador queimado tras as descargas eléctricas atmosféricas.
Desta maneira, aquí vos queda o vídeo onde podes ver a operación tras o segundo corenta:

No hay comentarios:
Publicar un comentario