2 ago 2011

LDK 170: Lamborghini


É por todos coñecido que Lamborghini é un fabricante italiano de deportivos. Moitos de vós coñeceredes o Diablo, o Murciélago, o Gallardo ou o Reventón e, incluso, algúns tamén saberedes que Lamborghini, ademais, é unha fábrica de tractores agrícolas. De feito, os primeiros pasos da empresa, a mans de Ferrucio Lamborghini, baseáronse na compra de sobrantes de vehículos militares da segunda guerra mundial para convertelos en maquinaria agrícola.

Pero, como pasa un fabricante de tractores a fabricante de deportivos de luxo? Ferrucio tiña un Ferrari 250 GTB que lle daba numerosos problemas mecánicos, principalmente o embrague. Lamborghini encargouse de facerlle saber a Enzo Ferrari destes problemas quen, moi soberbio, contestou:
"Como vai entender un fabricante de tractores os meus coches?"
A partir de aquí Ferrucio, ferido no orgullo, púxose mans á obra. Primeiro sacou o 350 GTV, un modelo que quedou en prototipo pero que deu paso, en 1964, ao primeiro deportivo da marca Lamborghini, o 350 GT.

No hay comentarios:

Publicar un comentario