8 ago 2011

Como facer do noso computador un punto de acceso WiFi

Hoxe en día case todos os trebellos (smartphones, tablets, reprodutores de música portátil...) dispoñen de conectividade WiFi, un estándar que está tremendamente extendido. Por iso, existen moitos casos nos que nos podería interesar crear unha rede sen fíos para ofrecer conectividade WiFi a outros dispositivos aproveitando un trebello que faga de punto de acceso. Algúns exemplos destas situacións son as que seguen:
  • Se non temos router WiFi na casa, crear unha rede sen ter que gastar cartos. 
  • No caso de ter router WiFi, pode que nos interese ter 2 redes diferentes, unha para empregar pola xente da casa e outra que facilitar ás visitas.
  • Se nos conectamos de viaxe a través dun portátil cun pincho USB, poderíamos crear unha rede para conectar un segundo portátil ou outro gadget que nos interese.
Como vedes existen unha morea de situacións proclíbeis a ter a necesidade de crear unha rede sen fíos e tamén unha chea de solucións a esta situación. Basicamente todas as alternativas funcionan do mesmo xeito: precisan que teñamos un dispositivo con tarxeta de rede inarámbica e que este esté conectado mediante outro xeito a Internet ben sexa por cable LAN, por pincho USB ou por router tradicional (tamén podería ser por WiFi se dispomos de dúas tarxeta de rede WiFi no mesmo computador, unha para estar conectados e outra para dar rede). 

A partires diso, escoller unha ou outra alternativa que vos presentamos é unha cuestión de gustos.

Connectify

Tras instalar Connectify, tan só deberemos establecer unhas pequenas configuracións como o nome que queremos para a nosa rede WiFi, o contrasinal de acceso, o tipo de conexión que compartiremos (cable, móbil...), o adaptador WiFi e o modo de acceso.


Con estes sinxelos pasos xa teremos a nosa rede montada e lista para funcionar. O bon desta aplicación é que nos permite tamén ter información sobre os dispositivos conectados en tempo real e o historial de conexións.


Maryfi

Maryfi é bastante semellante ao anterior. Con esta aplicación tamén procederemos a configurar os parámetros de nome/contrasinal ao rematar a instalación da mesma. Mais unha vez feito isto clicaremos en "View Network Connections to Setup Internet Sharing" e, na xanela que se nos abre seleccionaremos co botón dereito a conexión a compartir. No menú contextual abriremos "Propiedades", e na pestana de "Compartir" habilitaremos a opción de permitir compartir a conexión. Unha vez feitas estas configuracións xa podemos iniciar o Hotspot. Podemos ver todos os pasos no seguinte vídeo



Web

MHotSpot

Finalmente, MHotSpot é unha alternativa menos visual pero igualmente efectiva. Trátase dunha aplicación portábel, é dicir, non precisa de instalación. Ao contrario que no caso de Maryfi, primeiro debemos activar a compartición da rede (nas Propiedades da conexión, como vimos antes). Feito isto, lanzamos a aplicación en modo administrador (Botón dereito -> Executar como Administrador) e configuramos o punto de acceso (nome e contrasinal) en Setup Hotspot. Feito isto, ao clicar en Start teríamos activo o noso punto de acceso WiFi

2 comentarios:

  1. Creo que de Connectify xa fixestes unha entrada sobre thethering inverso non si?

    ResponderEliminar
  2. Si, pero foi en novembro de 2010 e decidimos actualizar con máis alternativas :)

    ResponderEliminar