6 ago 2011

LDK 172: Diferentes tipos de cables RJ45

Cando falamos de cables RJ45 estámonos a referir na realidade aos cables que dispoñen dos conectores RJ45 que se empregan para conectar redes de datos. Os conectores RJ45 dispoñen de 8 pins de conexión, cada un deles vencellado a un cable de cobre. Habitualmente fálase de que existen "4 pares" de cables, xa que a metade dos pins son de transmisión e a outra metade de recepción. Así mesmo, adóitanse usar só 2 cables para transmisión e 2 para recepción, é dicir, 4 cables ou 2 pares.

Pero cómpre saber que non todos os cables con conectores RJ45 son iguais, e basicamente diferénzanse dous tipos: cruzados e directos.

Os cables directos caracterízanse por conservar a mesma norma de colocación en ambos extremos do cable. Son os que se empregan para conectar os computadores a outros equipos activos de rede (hubs, switchers, routers...).
Cable directo
Doutra banda, os cables cruzados dispoñen de configuracións diferentes en ambos extremos. Este cruce dos cables realízase para que a transmisión dun extremo chegue a recepción do outro. Este cable emprégase para conectar PCs entre si ou equipos activos entre si (hubs, switches, routers...), é dicir, "conexións entre iguais".

Cable cruzado
De todos os xeitos, hoxe en día hai tarxetas que admiten ambos tipos de cable e se encargan elas de cruzar ou non segundo sexa necesario.

Fonte das imaxes: Wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario