30 jul 2011

LDK 169: Canto vale un raio?



O outro día falando cun amigo, fíxome pensar unha frase que dixo: “Que pena que non poidamos aproveitar a enerxía dos raios.”

Desta maneira, púxenme a investigar para saber o que valería a enerxía creada por un raio. Así que imos facer uns cálculos:

Polo que nos din os estudios, a descarga dun raio produce uns 50 MV (si, 50 millóns de voltios) e a intensidade máxima que pode descargar é de 200 kA. A potencia que nos daría calcularíase multiplicando a tensión pola intensidade, pero como mentras se está producindo a descarga a tensión baixa até cero, tómase a potencia como o valor medio, é dicir, a metade da tensión que tíñamos de principio. Desta maneira:


Así, o resultado é de 5.000.000.000.000 vatios, é decir, 5 mil millóns de kilovatios. A que impresiona a potencia que pode descargar un raio!?

Ben, o que nós queremos obter é enerxía, xa que as empresas eléctricas cóbrannos pola enerxía, non pola potencia. Así, a enerxía non é máis que a potencia por unidade de tempo. As empresas eléctricas expresan esta enerxía en kilovatios hora (kWh), é dicir, o consumo dun kilovatio durante unha hora.

Segundo o último BOE, o valor dun kilovatio hora é de 0.140069 euros para as tarifas de último recurso, comprendido para o perído do segundo semestre do ano 2011 sen aplicar impostos.
Agora necesitamos saber o tempo que se está consumindo esta potencia, que no noso caso é o tempo que dura o raio, que polo que nos din os estudios ronda un milisegundo, de maneira que se nunha hora hai 3.600 segundos, a enerxía media dun raio é de:
Desta maneira, aplicando o prezo por kilovatios hora obtemos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario