30 jun 2011

LDK 156: Ataques de denegación de servizo

Ultimamente escoitouse falar dos ataques DDoS levados a cabo por Anonymous. Estes ataques, tamén coñecidos como ataques distribuídos de denegación de servizo (Distributed Denial of Service) parten da idea do ataque DoS (Denial oService), un ataque a unha rede que pretende que o recurso sexa inaccesible polos usuarios lexítimos. A diferenza entre o ambos os dous é que no DDoS o fluxo de información lévase a cabo dende varios puntos de conexión.

Estes ataques pretenden a saturación dos portos cun fluxo de información para que o servidor se sobrecargue, non poida facerlle fronte e así provocar a perda da conectividade da rede polo consumo do ancho de banda e, desta maneira, deixar fóra de servizo a vítima. Isto, en moitos casos, faise a través dunha botnet, é dicir, unha rede de bots programados para encargarse de facer o fluxo de información automaticamente, pero non sempre é así, xa que no caso que comentabamos dos coñecidos Anonymous, é un grupo moi numeroso de usuarios o que se encarga de acceder reiteradamente a unha páxina web ata conseguir o colapso da mesma.

Este ataque non ten por que ser malicioso, e pode ser unha simple ferramenta dun administrador de redes para comprobar a capacidade de tráfico que un ordenador pode soportar sen volverse inestable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario