Unha cuberta é o elemento que protexe a parte superior do edificio. Segundo a súa forma clasifícanse, principalmente, de dous tipos: cubertas inclinadas ou cubertas planas.
A distinción baséase nos grados de inclinación que teñen, de maneira que se a inclinación é maior de 15º, é cuberta inclinada, sendo as máis tradicionais de tella e lousa, aínda que poden ser metálicas, plásticas, de fibrocemento ondulado (uralita), etc.
Se a inclinación é menor dos 15º, a cuberta é plana. Unha das maneiras máis habituais de atopar as cubertas planas é cunha capa de grava que cobre as capas de impermeabilizante e illante, aínda que noutros casos podemos atopar cubertas transitables que están formadas por baldosas cerámicas, ben sexa directamente sobre morteiro ou flotantes, é dicir, apoiadas sobre uns soportes que denominamos plots.
Para rematar deixamos cunha imaxe na que se mostran as diferentes formas dunha cuberta:
Imaxe: Dicionario visual da construción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario