Nas eleccións celebradas o día 5 no Reino Unido, das que xa vos falamos o pasado sábado, o referéndum proposto polos Liberal-Demócratas para o cambio do sistema de elección dos Membros do Parlamento Británico foi rexeitado por un 67.9% dos votos.

En que consistía a proposta dos Lib-Dems? Os Lib-Dems propuñan o sistema do Alternative Vote. O Alternative Vote é un sistema pensado para un modelo de circunscricións no que cada circunscrición escolle un único deputado, pero que evita parcialmente a sobrerrepresentación do partido máis votado ao exixir unha maioría cualificada para obter o escano.
Segundo este sistema, na papeleta de votación cada votante marca os candidatos cun número, indicando a orde de preferencia. No escrutinio, cóntanse primeiro os votos de primeira preferencia a cada candidato. De obter algún candidato a maioría absoluta, asígnaselle o escano, e en caso contrario, elimínase ao candidato menos votado e os seus votos asígnanselle aos candidatos que aparezan en segunda posición nas súas papeletas. Este sistema repetiríase volta tras volta até que un candidato obtiver a maioría absoluta, momento no cal vería asignado o escano.
Este sistema, aínda que segue sobrerrepresentando o partido máis votado, impide situacións de maiorías automáticas ao partido máis votado se este non chega á maioría absoluta, e ten en conta a opinión dos electores dos partidos máis pequenos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario