O CD ou Compact Disc é un soporte dixital óptico para todo tipo de datos que foi creado en 1980 por Sony e Philips. O CD ten unha capacidade inicial de 650 MB nun diámetro de 12 cm, medida suficiente para gardar dentro os 74 minutos que dura a 9ª Sinfonía de Beethoven.
O disco componse dun pedazo de plástico de policarbonato no que, durante a fabricación, se imprimen unhas protuberancias microscópicas que forman unha espiral que vai dende o centro cara ao exterior que pode medir case 5 km que serán as que empregue o lector. Unha vez que se moldeou o policarbonato, aplícase unha delgada capa de aluminio reflector que cobre as protuberancias e, finalmente, cóbrese o aluminio cunha capa de acrílico que, ademais de protexer, serve de base para a etiqueta.
Existen catro tipos de CDs dependendo do seu fin:

- Só lectura: CD-ROM (Compact Disc Read Only Memory).
- Gravable: CD-R (Compact Disc - Recordable).
- Regravable: CD-RW (Compact Disc - Re-Writable).
- CD audio: CD-DA (Compact Disc - Digital Audio).
No hay comentarios:
Publicar un comentario