Continuamos a serie de estilos de citación e referencia (anteriores: I, II) falando do MLA Style. O MLA Style é o estilo desenvolvido pola Modern Language Association of America, publicado por primeira vez en 1985, e que se emprega no campo da literatura e as linguas modernas. É un estilo que se caracteriza pola concisión e a intención de evitar as redundancias.
Citas no texto:
No MLA Style as citas no texto varían de forma moi importante con respecto outros estilos de citación. No MLA Style o estilo non é autor-ano, senón autor-páxina ou autor-título-páxina. Ademais, prefírese incluír a información do autor dentro do texto e non entre parénteses. Vexamos agora estas diferencias:
Lista de referencias:
Na lista de referencias o MLA Style introduce algúns cambios sustanciais con respecto aos outros estilos: Ao aparecer listadas en orde alfabético, o nome do autor (en formato: Apelido, nome completo) só aparece na primeira obra referenciada. Nas seguintes referencias a obras dun mesmo autor aparecerá unha liña de tres trazos para marcar que o autor é o mesmo. Úsase tamén unha sangría inversa (de cinco espazos), de forma que os apelidos dos autores destacan cara a esquerda do corpo da lista de referencias. Outra diferencia importante é que é necesario marcar o medio de publicación (impreso, web, CD, Película, DVD...).
Pasemos a ver agora o formato da lista de referencias:
Artigo nunha revista:
NOTAS:
1 Pódense acurtar os títulos nas citas no texto, sempre e cando non xere confusión na identificación que se fará na lista de referencias.
2 O MLA Style non obriga a explicitar a URL dos lugares de internet visitados, senón que deixa a súa aparición ao criterio do escritor. Nós marcámolas para amosar como se colocarían.

Obra dun autor cunha soa obra na bibliografía: (Apelido do autor páxinas)
Obra dun autor con mais dunha obra na bibliografía: (Apelido do autor "Título do libro"1 páxinas)
Obra dun autor cunha soa obra na bibliografía co nome incluído no texto: (páxinas)
Obra dun autor con mais dunha obra na bibliografía co nome incluído no texto: ("Título do libro" páxinas)
Lista de referencias:
Na lista de referencias o MLA Style introduce algúns cambios sustanciais con respecto aos outros estilos: Ao aparecer listadas en orde alfabético, o nome do autor (en formato: Apelido, nome completo) só aparece na primeira obra referenciada. Nas seguintes referencias a obras dun mesmo autor aparecerá unha liña de tres trazos para marcar que o autor é o mesmo. Úsase tamén unha sangría inversa (de cinco espazos), de forma que os apelidos dos autores destacan cara a esquerda do corpo da lista de referencias. Outra diferencia importante é que é necesario marcar o medio de publicación (impreso, web, CD, Película, DVD...).
Pasemos a ver agora o formato da lista de referencias:
Artigo nunha revista:
Apelido, nome. "Título do artigo." Título da revista número da revista (Ano): páxinas. Medio de publicación.Artigo ou carta ao director nun xornal ou revista periódica (non académica)
Apelido, nome. "Título do artigo," Nome do xornal, data completa: páxinas ou sección. Medio de publicación.Libro:
Apelido, nome. Título do libro. Cidade: Editora, Ano. Medio de publicación.Libro con varios autores:
Apelido, nome, e nome apelido. Título do libro. Cidade: Editora, Ano. Medio de publicación.Libro editado:
Apelido, nome, ed. Título do libro. Cidade: Editora, Ano. Medio de publicación.Capítulo dun libro:
Apelido, nome. "Título do capítulo" Título do libro. Ed. Autor. Cidade: Editora. páxinas. Ano. Medio de publicación.Páxina web2:
Autor. Título da páxina web. Data de creación. Medio de publicación. Data de acceso. URL/doiElemento nunha páxina web:
Autor. "Título do artigo." Título da páxina web. Data de creación. Medio de publicación. Data de acceso. URL/doiArtigo nunha revista impresa tomado de internet:
Autor. "Título do artigo." Título da revista, número da revista, (Ano): páxinas. Medio de publicación. Data de acceso. URL/doi.
NOTAS:
1 Pódense acurtar os títulos nas citas no texto, sempre e cando non xere confusión na identificación que se fará na lista de referencias.
2 O MLA Style non obriga a explicitar a URL dos lugares de internet visitados, senón que deixa a súa aparición ao criterio do escritor. Nós marcámolas para amosar como se colocarían.
No hay comentarios:
Publicar un comentario