26 abr 2011

Na procura de alternativas a Spotify


Despois de que hai uns días Spotify tivera notificado grandes restriccións aos usuarios con contas free e open, moitos buscamos alternativas con outros servizos de streaming gratuítos. Hainos? Si, e moitos, dos cales destacamos os que seguen:


GrooveShark pode que sexa a mellor alternativa a Spotify. Conta cunha enorme base de datos que vai en aumento, permitindo incluso subir as nosas propias cancións. Dispón ademais de servizos avanzados, como a creación de listaxes de reprodución, a capacidade de compartir as cancións nas nosasa redes sociais ou a compra das mesmas.

Outro punto ao seu favor é que non precisa de rexistro para poder empregalo.


Musicovery ofrécenos a posibilidade de coñecer novos artistas grazas a un sistema de recomendación de música. Podemos buscar o noso artista favorito e fará unha lista dacordo a cancións similares. Doutra banda, permite reproducir música dacordo ao noso estado de ánimo.


Rockola ten unha filosofía semellante a Musicovery, xa que permite escoller un estado de ánimo e a partires de aí créache unha emisora con cancións acordes a ilo. Pero ademais podes buscar por estilo, anos ou artista.


É a alternativa sinxela, a súa web dispón dun cadro de busca no que poremos o artista ou canción que desexamos escoitar e voilá, apareceranos todo o habido e por haber relacionado. Fácil e cómodo


Yes contén unha chea de cancións de diferentes estilos, organizadas individualmente ou mediante listas de reprodución organizadas. Precisa rexistro para poder escoitar as cancións e dispón de varias opcións (gratuíta, de pago limitada ou ilimitada).



Trátase dun sitio diferente, xa que non aloxa contido, senón que recurre a buscar vídeos (sobre todo en YouTube) dacordo ás nosas preferencias (vídeoclip, karaoke, unplugged...), estilos (rock, pop, metal...) ou escribindo parte da letra.


Muziic tamén emprega servidores de vídeo como YouTube para seleccionar a música á que dá acceso. En canto ao estilo de busca, dispón dunha interface sinxela, na que é doado buscar cancións ou artistas e crear listas de reprodución ao noso gusto.

Como vedes, existen alternativas, polo que as restricións de Spotify, polo de agora, teñen solución.

2 comentarios:

  1. Boto de menos lnetlabels con música libre como Jamendo, pero supoño que non era a intención do artigo.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas pola aportación.

    Efectivamente, o obxectivo do artigo era música en xeral, non alternativas libres. A verdade é que podería ser interesante un artigo sobre alternativas de música libre

    Un saúdo

    ResponderEliminar