27 abr 2011

O cálculo da data da Semana Santa

A semana pasada celebrouse a festividade relixiosa da Semana Santa ou Pascua, que conmemora a tradición cristiana da morte e resurrección do profeta Xesucristo. Como saberedes, a Semana Santa celébrase, como moitas outras festividades relixiosas, nunha data que varía ano tras ano, e que toma como referencia o Domingo de Resurrección:

Así, o Domingo de Resurrección celébrase o primeiro domingo despois da primeira lúa chea despois do equinoccio de primavera. Se o plenilunio cadra en domingo trasladaríase ao seguinte domingo para evitar a coincidencia coa data de celebración da Pascua Xudía (primeira lúa chea da primavera, independentemente do día). Seguindo estas regras, a ventana da celebración do Domingo de Resurrección é entre o 22 de marzo e o 25 de abril.

En función da data do Domingo de Resurrección márcase tamén a celebración do Carnaval e do Pentecostés:

O Domingo de Pentecostés ten lugar 49 días (7 semanas) despois do Domingo de Resurrección, que sumado aos 49 dan os 50 días aos que se refire o nome da festividade. A ventana da celebración é do 10 de maio ao 13 de xuño.

O Mércores de Cinza ten lugar 46 días antes do Domingo de Resurrección. Este período depende dos 40 días da Cuaresma, o periodo de xaxún entre o Mércores de Cinza (incluído) e o día antes do Domingo de Resurrección, excluíndo os domingos, que non son contemplados pola Igrexa como día de xaxún por ser día de festa. A ventana da celebración é do 4 de febreiro ao 10 de marzo.




Cálculo

A data de celebración do domingo de Resurrección póde ser calculada mediante unha operación complexa, na que para achar o día da celebración, definimos 2 constantes, 5 variables, e A, o ano do que queiramos buscar a data de celebración.

As constantes, para o período de tempo comprendido entre 1900 e 2100, son M=24 e n=5.

As variables son:

a, o resto de A/19
b, o resto de A/4
c, o resto de A/7
d, o resto da división (19a + M)/30
e, o resto da división (2b + 4c + 6d + N)/7

Se d+e<10, entón o Domingo de Resurrección terá lugar en marzo, no día d+e+22. Se d+e>9, entón o Domingo de Resurrección terá lugar en abril, no día d+e-9.

Exemplificación

Calculemos a data do Domingo de Resurrección do ano 2000:

a, resto de 2000/19 = 5
b, resto de 2000/4 = 0
c, resto de 2000/7 = 5
d, resto de (19*5 + 24)/30 = 29
e, resto de (2*0 + 4*5 + 6*29 + 5)/7 = 3

d+e=29+3=32, logo o Domingo de Resurrección tería lugar en abril, no día d+e-9=29+3-9=23 de abril, como efectivamente tivo lugar.


Fonte do cálculo: Wikipedia. Nesa mesma entrada poderedes tamén tomar o valor das constantes para outras datas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario