3 abr 2011

A Malla do 28 de Marzo ao 3 de Abril

O 1 de abril é coñecido en moitos países, sobre todo do mundo anglosaxón, como o April Fool's Day, que vén a ser o que acó o 28 de decembro co Día dos Inocentes. Neste sentido, foron moitos os que aproveitaron este día para gastar numerosas bromas, inda que mención especial merece Google.

Para comezar, se alguén buscaba 'helvética' ou 'comic sans' antonte vería que os resultados no buscador aparecían escritos nesa tipografía.


Mais isa non foi a mellor nin a máis currada das bromas de Google. Para Gmail presentaron un novo servizo Gmail Motion, co que poder escribir os correos con xestos. Mesmo habilitaron unha web para probalo. Por certo, recomendadísimo ver o vídeo para saber como funciona! Este mesmo servizo, Motion, tamén o presentaron para Docs.

Relacionado co seu navegador web, Chrome, que mellor que exercitar os dedos? De aí Chomercise, tamén con vídeo imprescindíbel :)

Entre as ofertas de traballo dos de Mountain View, atopámonos cunha curiosa: autocompletador para resultados (non pensaríades que se facía só, non?)



Para rematar, en Alt1040 atopámonos unha recopilación das brincadeiras de Google dende o 2000. Lembrádesvos dalgunha?

Entre os vídeos descubertros, destacamos un grazas ao cal aprenderemos as diferenzas entre fluorescencia e fosforescencia.

Tamén atopamos unha pequena anotación sobre un lápiz especial para escribir sobre pantallas capacitativas e tamén un enlace a un tutorial para que poidas fabricar o teu propio.

A través de @calustra descubrimos as 25 cousas que nunca debería facer un tradutor.

E xa para rematar, destacar Amazings con unha anotación extensa e interesantísima sobre a importancia da relixión na vida diaria da sociedade humana, na que reflexiona sobre se é realmente parte da natureza humana ou un construto social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario