6 mar 2011

Mallando medra: creamos unha rede de blogues temática

O 6 de decembro de 2009 nacía Mallando na e-ira, un blogue que xurdía coma un proxecto de tres amigos con curiosidade por coñecer o mundo que nos arrodea, para dar resposta a cuestións que entre nós podíamos explicarnos e que (por que non?) podíamos compartir.

Co paso do tempo, fomos engadindo novas temáticas ao blogue, como Android, creando a sección Mallando no Android, sendo pioneiros en tratar este tema con regularidade na nosa lingua.

Mais chegamos á conclusión de que ás veces tal diversidade de contidos, lonxe de mellorar a experiencia lectora, podía dar pé a unha mixtura incómoda para os visitantes. Así mesmo, fomos tomando nota das melloras que vós, como lectores, fostes achegándonos a través de comentarios e suxerencias.

É por iso que hoxe presentamos un deseño totalmente renovado, tanto no logo coma no aspecto web, cun estilo máis minimalista e en cores claras. Tamén engadimos novas funcionalidades, coma un buscador, ferramenta amplamente demandada.

Pero non creades que esta é a única novidade que vos presentamos nin a máis importante. Alén diso, transformamos Mallando nunha rede de blogues en galego, que contará inicialmente con 5 sites diferenciados que vos pasamos a describir:
  • Mallando [ http://www.mallando.com ]. Este mesmo blogue. Nel atoparedes o contido habitual de Mallando (as LDKs, entradas explicativas, A Malla semanal...)
  • Mallando no Android [ http://www.mallandonoandroid.com ]. É un novo blogue que recolle o espírito da sección (até hoxe) homónima de Mallando. É dicir, eliminamos o contido de Android de Mallando orixinal e o trasladamos a este novo espazo, que adicaremos exclusivamente ao sistema operativo móbil de Google.
  • O Esparavel de Mallando [ http://esparavel.mallando.com ]. Tumblr que adicaremos a cousas relacionadas coa construción que atopamos polo mundo.
  • O Bloc de Mallando [ http://bloc.mallando.com ]. Un Tumblr que usaremos de bloc de notas no que apuntar as citas desas poucas liñas ou eses breves instantes que chaman a nosa atención.
  • A Malla das Telecos [ http://telecos.mallando.com ]. Blogue no que poremos orde ao complicado mundo das tarifas e plans de prezos de telefonía e Internet.
Pero ademáis inauguramos www.mallando.eu, un espazo Memolane no que poderedes ver dun xeito diferente as entradas que publicamos en toda a rede de blogues: nunha liña temporal.

Agardamos que estes novos cambios respondan ás vosas expectativas e recomendamos que revisedes as vosas suscricións a través de lectores de feeds. Podedes seguir a totalidade da rede de blogues de Mallando nun único feed (agregando ao voso lector http://feedstitch.com/mallando/mallando ) e tamén cada blogue por separado (cada site ten un feed diferente). Do mesmo xeito, lembrámosvos que podedes contactar connosco a través de Twitter ou Facebook!

No hay comentarios:

Publicar un comentario