5 mar 2011

LDK 106: Escala

Escala é a relación matemática que existe entre as dimensións reais dun obxecto e as dimensións da representación dese obxecto no papel (ou nunha maqueta), e represéntase por unha fracción:


Existen tres tipos de escalas:
  • Escala natural: a dimensión da representación coincide coa do obxecto real, 1/1.
  • Escala de redución: o debuxo é menor có obxecto real.
  • Escala de ampliación: o obxecto real é maior cá representación.

A e escala máis empregada na edificación é unha de redución, a 1/50, é dicir, 50 cm -medio metro- na realidade, son 1 cm no debuxo; esta escala emprégase principalmente para a realización de plantas, alzados e seccións. A parte desta, tamén se empregan outras escalas coma a 1/10 para detalles construtivos, carpintería e similares; e empregamos a 1/5.000 en temas relacionados co urbanismo.

É interesante empregar a mesma escala para as mesmas cousas sempre que se poida, porque desta maneira, se tes o ollo acostumado a ver plantas de edificacións a escala 1/50, é probable que sexas capaz de estimar con bastante acerto as dimensións dunha estancia con botarlle unha simple ollada e sen empregar ningunha ferramenta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario