27 mar 2011

A malla do 21 ao 27 de Marzo

Nesta semana, mentres que se apagan os ecos de Fukushima nos medios, xorden importantes novas no ámbito tecnolóxico, que vos pasamos a relatar:

Con relación ao terremoto do Xapón, chegamos a través de Microsiervos a esta Historia da Sismometría, unha interesante lectura aínda estando en inglés.

No tocante ás novidades tecnolóxicas, esta semana Firefox vén de publicar a versión 4 do seu navegador, moito máis rápido que as versións anteriores. Aquí podedes ver como instalala dende Ubuntu. Anunciouse tamén a versión de DraftSight para Linux e para Mac, unha interesante ferramenta de CAD 2D que, ademais de estar en español, permite gravar ficheiros en formato *.dwg, así como exportar planos a pdf e un sen fin de utilidades máis.

Por outra banda, a operadora americana AT&T fíxose con T-mobile, facendo a maior empresa de telecomunicacións de Norteamérica, inda que hai quen pensa que todos perden. Google, pola súa parte, vén de publicar unha ferramenta e mapa coas velocidades reais de todo o mundo, que no caso galego está desglosado por cidades.

A semana tamén deixou unha impresionante e fermosísima galería de imaxes de infraestructuras, da que se fixo eco Ingeniería en la Red, así como a nova de que a central nuclear de Chernobyl será cuberta pola maior estrutura móbil xamais creada (via @tecnoloxia).

Finalmente, os usuarios estamos de noraboa, xa que a Audiencia Nacional vén de anular o Decreto Presidencial no que se establecían as cotas e dispositivos de copia privada que tiñan pegar o canon dixital. En Alt1040 resolven as dúbidas sobre este canon e o significado da sentenza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario