20 feb 2011

Playbook. Probamos a tablet de Blackberry #mwc11


Cuestión de evolución. Blackbery non ía quedar á marxe e presentou no Mobile World Congress a súa tablet, a Blackberry Playbook, un terminal que pesa 425 gramos e  ten unha pantalla de 7 polgadas con resolución de 1024x600.

Ten procesador de dobre núleo de 1 GHz e 1 GB de memoria RAM, o que permite unha capacidade de multitarefa espectacular, e unha experiencia bastante atractiva para xogos.

En canto a conexións, dispón de WiFi a/b/g/n, Bluetooth e conexión 3G, iso si, isto último a través dunha conexión sen fíos coa BlackBerry. Tamñen ten microUSB e micro HDMI.

A experiencia multimedia é bastante boa e dispón de dúas cámaras, unha traseira de 5 MP e unha dianteira de 3 MP, pensada para vídeochamada. Admite vídeo en HD e sonídeo stéreo.

No seguinte vídeo podedes ver a proba que lle fixemos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario