O domingo pasado anunciabamos que Mallando na e-ira viaxará até Barcelona para seguir o Mobile World Congress que se celebra entre os días 14 e 17 de febreiro na Fira de Barcelona.
Aproveitando esta visita especial, non podíamos desaproveitar a ocasión de visitar as instalacións da Comisión del Mercado de las Telecomunicaciones (CMT), o ente encargado de establecer e supervisar as obrigacións que deben cumplir os operadores nos mercados de telecomunicacións e o fomento da competencia nos mercados dos servizos audiovisuais.
Aló manteremos unha conversa con responsábeis da entidade para falar do futuro da banda larga móbil e tamén do estado das telecomunicacións en Galiza.
Calquera achega que queirades facer, podedes enviala por correo a iago(at)mallando.com
![]() |
| Vista da sede da CMT. Fonte da imaxe: Flickr da CMT |



No hay comentarios:
Publicar un comentario