5 feb 2011

LDK 94: Diferentes tipos de enchufes

Como todos sabemos, os enchufes compóñense de dous elementos, unha clavixa e unha toma de corrente, que se conectan para permitir o paso da corrente dun a outro.
  • A clavixa - ou enchufe macho - componse á súa vez de dous compoñentes: un material illante e elementos metálicos, que son os que se introducen na toma de corrente para establecer a conexión.
  • A toma de corrente - ou enchufe femia - conta con pezas metálicas de forma inversa ás do macho, para permitir a circulación de corrente cando existe contacto, e tamén dun material illante na parte máis exterior, para evitar perigos.

Este tipo de enchufes, baseados en clavixas e tomas de parede (polo xeral) ten a súa orixe na década de 1920. Até daquela existían alternativas para conectar aparellos á rede eléctrica, con forma de rosca e bombilla, como nesta tostadora de 1909.


Na actualidade existen até 13 tipos diferentes e enchufes debido á impacidade de desenvolver un estándar común. Isto fixo aflorar un negocio paralelo de adaptadores entre todos os tipos de enchufes. Hainos para todos os gustos, dende simples conversores até algúns que permiten, mediante combinación, a adaptación mundial.

Tipo A
Tipo B
Tipo C
Tipo D
Tipo E
Tipo F
Tipo G
Tipo H
Tipo I
Tipo J
Tipo K
Tipo L
Tipo M

No hay comentarios:

Publicar un comentario