Unha semana na que aproveitamos para curar a resaca do Mobile World Congress atopamos un conxunto de entradas máis variado e non tan tecnolóxico, para comezar, unha entrada sobre os efectos dos microondas na comida, e tras unha breve explicación do funcionamento dos mesmos, explica que non hai problema e que tampouco son perxudiciais para a saúde, xa que están perfectamente protexidos e que a maior parte das lesións por microondas están asociadas a queimaduras na pel debido a recipientes e alimentos.
Tamén escoitamos, en RTVE, falar de Edward O. Wilson, o señor das formigas, un biólgo apasionado coas formigas do que nos contan a orixe da súa pasión, ademais dunha pequena descripción do comportamento das formigas.
No eido informático, dende Alemaña chéganos unha triste noticia: malia ter previsto mudar a Linux gran parte da súa informática, veñen de decidir retomar a opción de Windows.

Tamén limos que Google podería estar en negociacións con varias ligas deportivas profesionais, principalmente norteamericanas (NBA, NHL), mais tamén coas ligas de fútbol europeas, para comprar os dereitos de retransmisión de eventos e emitilos en directo en Youtube.
Aínda que non podiamos quedar sen a ración de internet, esta semana saíron os datos da decimoterceira Enquisa AIMC a usuarios de Internet, da que se desprende a preocupación dos internautas polo prezo das conexións á rede e un descenso no uso das redes P2P. Podes descargar o informe completo aquí (pdf).

No hay comentarios:
Publicar un comentario